Simposio de Doutoramento

Darase o pistoletazo de saída á Conferencia Internacional ESEE-Decrecemento 2024 cun simposio de doutoramento dirixido a estudantes de doutoramento que desexen mellorar as súas habilidades académicas e conectar entre si sobre como desenvolverse (mellor) no mundo académico.
Haberá tres sesións interactivas nas que se compartirán habilidades sobre redacción de subvencións e "como sobrevivir no mundo académico" que falarán sobre coidados e colaboración ; consellos para publicar investigacións críticas ; e comunicación non académica e arte.
Todas elas están deseñadas para apoiar a aquelas persoas cuxa investigación cuestiona os discursos dominantes, como o imperativo do crecemento, e apoiar a transición do estudantado de doutoramento ao seguinte paso da súa carreira. A participación é gratuíta, pero a solicitude e a inscrición son obrigatorias, xa que o número de prazas está limitado a 30 estudantes.
O prazo de presentación finaliza o 31 de marzo. Comunicarase o estado de aceptación ás persoas solicitantes antes do 5 de abril.

Información xeral

OrganizaciónAlejandro FortunyJosephine BeckerNoortje Keurhorst and Víctor Sánchez (Post-Growth Innovation Lab)

Para quen : Alumnado de doutoramento (preferentemente de segundo ano en adiante, e asistentes á Conferencia ESEE-Decrecemento 2024) 

Onde: Universidade de Vigo, Escola de Enxeñaría Forestal (Campus de Pontevedra) Pontevedra, España

Cando: 17 de xuño de 2024. De 10.30 a 16.00h

Programa

10:30: Benvida e introdución

11:15 – 14:00: Tres sesións interactivas

14:15 – 16:00: Xantar vegán

Descrición das sesións

1) Investigación crítica e publicación con Dr Alexander Dunlap 
Máis aló das formalidades das revistas académicas, soe haber diversas expectativas e requisitos "tácitos" para publicar con éxito unha investigación, algo especialmente difícil para aquelas persoas que se adican á investigación crítica. Por isto, esta sesión centrarase na mellora das técnicas de publicación para este tipo de investigación. A sesión correrá a cargo do Dr. Alexander Dunlap, antropólogo social que traballa no eido da ecoloxía política, o desenvolvemento extractivista, e as tecnoloxías con baixas emisións de carbono. É coeditor de Human Geography e forma parte do consello editorial de varias revistas, coma Journal of Political Ecology & Globalizations.

2) Investigación e métodos basados nas artes coa Dra Sofia Greaves 
Nesta sesión explorarase a investigación artística como metodoloxía para o decrecemento. Máis aló do marco común da arte como medio para comunicar feitos científicos, comprometémonos coa arte como metodoloxía para a creación de coñecemento. Falaremos de por que a investigación basada na arte é importante para o decrecemento, ademáis de explorar como pode aplicarse ás respectivas áreas de investigación das perosas participantes. De forma colectiva, experimentaremos métodos basados na arte e crearemos expresións artísticas que levaremos para a casa.

3) Sobrevivir ao mundo académico con Sonia Pascual e Dr Brototi Roy
Esta sesión divídese en dúas partes. Para a primera parte, teremos un taller facilitado por Sonia Pascual sobre como elaborar un perfil para a financiación de posdoutoramento e como escribir unha proposta para convocatorias posdoutorais. Para a segunda parte, sobre como sobrevivir no mundo académico sendo unha investigadora ou investigador crítico, contaremos coa Dra. Brototi Roy, economista ecolóxica que traballa sobre as pegadas materiais da transición enerxética desde unha perspectiva enraizada na ecoloxía política. Compartirá con nós a súa experiencia como académica radical.

Como inscribirse

Este simposio de doutoramento está dirixido exclusivamente a estudantes de doutoramento, e especialmente de segundo ano en adiante, que terán preferencia. Terán tamén preferencia aquelas persoas que participen na Conferencia Internaciona ESEE-Decrecemento 2024, xa que haberá un solapamento de temas e ofrecerá unha experiencia máis profunda de traballo en rede. Os detalles da conferencia poden consultarse aquí

Aínda que o Simposio de Doutoramento é gratuíto, é necesario inscribirse debido á dispoñibilidade limitada de prazas (30 prazas). Débese ser responsable co compromiso da praza unha vez que se teña sido aceptada/o. As solicitudes realizaranse a través deste formulario; toda a información será tratada de forma confidencial.

A data límite de presentación de candidaturas é o 31 de marzo, e a resolución de aceptación farase antes do 5 de abril.